Por que “Oia en sepia”?

Imos comezar polo principio, explicando o nome do proxecto. Seguramente a palabra sepia te resultará coñecida: probablemente sabes que é o nome dunha especie de cefalópodo e tamén unha cor. Pero Por que bautizar este proxecto para a creación dun arquivo fotográfico como Oia en sepia?

sepia significado en galego
Captura do dicionario da Real Academia Galega (https://academia.gal/dicionario). Significados da palabra “sepia”.

O que pode que igual non saibas é que a tinta da sepia era empregada como colorante natural (de aí que falemos da cor sepia) e como un estabilizante para as fotografías, co obxectivo de que a imaxe fose máis duradeira. Ademáis, a tonalizade avermellada, alaranxada ou castaña que deixaba esta tinguidura facía as imaxes máis atractivas.

Hoxe en día, no mundo da fotografía dixital, todavía recurrimos a filtros en branco e negro e incluso sepia cando queremos darlle un estilo vintage ás nosas imaxes, porque vinculamos estas tonalidades coa fotografía antiga.

Tendo en conta que a sepia buscaba a maior calidade e perdurabilidade da fotografía, non parece axeitado para este proxecto de recompilación de imaxes da nosa memoria?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s