Día 3: Coñecemos o traballo dunha fotoxornalista

Este luns, na terceira sesión do obradoiro xuvenil do proxecto Oia en sepia, recibimos a visita da fotoxornalista Marta G. Brea, quen compartiu con nós a súa experiencia profesional e nos deu algúns truquiños para conseguir boas fotografías.

Marta G. Brea leva case 20 anos traballando como fotoxornalista e actualmente traballa no xornal Faro de Vigo, o decano da prensa nacional (o máis antigo dos diarios que seguen activos). Segundo nos explicou, cando empezou a dedicarse profesionalmente á fotografía aínda non existían ás cámaras dixitais… Todo un reto para conseguir boas fotografías coas que ilustrar as noticias e as portadas de cada día!

Na súa charla explicounos os cambios que os avances tecnolóxicos teñen provocado na súa profesión (especialmente coa aparición da prensa dixital) e tamén nos lembrou a necesidade de traballar sempre de forma ética e non manipular imaxes (si melloralas e editalas, pero sen alterar a realidade).

Tamén nos deu algúns consellos para facer bos encadres e documentar ben as nosas fotografías, incluíndo datos de interese como a data, a autoría e unha breve descrición da imaxe.

Finalmente, gozamos vendo parte do seu marabilloso traballo: imaxes publicadas en prensa, reportaxes fotográficas, traballos presentados a concursos…

Unha xornada na que se mesturou aprendizaxe e diversión!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s