Día 4: Comezando a revisar fotos antigas

Na cuarta sesión do proxecto Oia en sepia estivemos a mirar algunhas das fotografías antigas que levamos recompilado no que vai de obradoiro: imaxes de festas, cerimonias, celebracións familiares, tarefas do día a día, paisaxes, monumentos… Algunhas cousas teñen cambiado poucas pero outras foron algo difíciles de recoñecer!

Esta primeira ollada ás fotos antigas que estamos a reunir serviunos para facernos unha idea sobre que lugares podemos visitar na nosa saída do vindeiro 31 de xullo: visitaremos varios lugares de Oia dos que teñamos fotografías antigas e compararémolas coas imaxes que tomemos o día da excursión.

Tamén estivemos falando da necesidade de documentar ben cada fotografía que acheguemos ao proxecto, co obxectivo de ter cada lugar ou actividade ben identificada para o seu correcto arquivo.

Ao final do noso proxecto, faremos unha selección de todo o material visual que consigamos reunir e montaremos unha exposición que poderedes visitar todos e todas. Do mesmo xeito, convidámosvos a achegar as fotografías antigas que teñades para que as poidamos dixitalizar!

Linguaxe fotográfica

Por outra parte, comezamos a nosa “preparación técnica” para a nosa xornalda fotográfica do día 31. Queremos facer fotografías que sexan bonitas e, ao mesmo tempo, nos sirvan para documentar os cambios no patrimonio local.

Por iso, repasamos algunhas das regras xerais sobre como facer bos encadres nas nosas fotografías: a regra dos tres cuartos, o truco de seguir a liña do horizonte, a de aproveitar elementos como marcos de portas e fiestras para obter “marcos” para as nosas fotos e incluso a a proporción áurea (a cal podemos atopar en elementos da natureza)…

O vindeiro día de obradoiro do proxecto Oia en sepia será o último antes da excursión… Pode que fagamos algunha proba para comezar a practicar antes do gran día!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s