Na quinta sesión do obradoiro do proxecto xuvenil Oia en sepia fixemos un exercicio práctico sobre “ensaio fotográfico”: é dicir, contar unha historia a través dunha secuencia de fotografías.

Dividímonos por grupos e fixemos unha breve saída ata a Capela de San Sebastián (no barrio do Arrabal). Fomos cos teléfonos móviles e as cámaras preparadas e cos ollos moi, pero que moi abertos buscando esas historias e a forma de capturalas en imaxes.
Xa estamos desexando ver os resultados, que publicaremos neste blog para que todos e todas os poidades ver.
Uso responsable da internet
Como o obxectivo destes ensaios fotográficos será a súa publicación en internet, antes de saír a rúa “á caza de historias” falamos un pouco dos perigos que pode ter un mal uso da internet e das redes sociais, así como uns consellos sobre netiqueta (bo comportamento na rede), uso responsable de internet e privacidade.
O próximo día tocaramos madrugar máis que de costume, pois será, por fin, o día da nosa excursión…
Seguiremos informando!