Na quinta sesión do proxecto Oia en sepia estivemos a reflexionar sobre o uso da internet que facemos desde os nosos ordenadores, teléfonos móviles e tablets. Decatámonos de que non todo é tan sinxelo como parece, e que é mellor pensar as cousas dúas veces antes de clicar a opción “enviar”.
Compartimos experiencias persoais co móvil, debatimos sobre algúns casos coñecidos de mal uso das redes e parámonos a ler con moita atención as condicións de uso dalgunhas redes sociais: antes de poñernos a fedellar nelas, é moi importante ser conscientes de todos os datos que lles estamos a ceder!
Resultou ser unha sesión moi enriquecedora onde, ademáis de divertirnos e aprender cousas, todas as persoas que formamos parte do grupo nos sentimos máis unidas.
Seguro que virá moi ben para a o día da saída!
Aínda que o proxecto #Oiaensepia se centra na fotografía antiga, nós empregamos ferramentas modernas (como por exemplo este blog) para difundila, recompilala e analizala). Por iso, falar de uso responsable e seguro de internet e redes sociais na quinta sesión do obradoiro xuvenil foinos ben útil!