Día 7: A excursión

Por fin chegou o día!

Na sesión séptima do obradoiro xuvenil Oia en sepia fomos de excursión a lugares que aparecen nalgunhas das fotografías antigas que temos ido recompilando dentro do proxecto. O obxectivo é poder facer unha comparativa e analizar os cambios na paisaxe e o patrimonio local ao longo do tempo.

Percorrimos lugares de Burgueira, Loureza, Pedornes, o Arrabal e Mougás, buscando os puntos exactos que aparecían nalgunhas das imaxes en branco e negro que temos ido localizando nos últimos días do obradoiro.

Saímos no autobús ás 9.00 horas e rematamos á hora do xantar, para comer todos xuntos, descansar un pouco e tomar forzas. Canto levamos traballado neste proxecto #oiaensepia!

De todas estas imaxes faremos unha escolma para organizar unha pequena exposición… A ver que tal nos queda!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s