#Oiaensepia na Semana Cultural de Mougás

Traemos novidades no Proxecto #Oiaensepia!

A exposición coa selección final de fotografías do proxecto #Oiaensepia poderá visitarse durante a Semana Cultural de Mougás. A mostra reúne un conxunto de imaxes antigas de Oia, recompiladas pola rapazada participante no obradoiro, e outras fotografías actuais feitas por eles e elas mesmas.

Trátase de comparar o pasado e presente de distintos lugares e, así, reflexionar sobre a evolución do patrimonio local e a necesidade da súa conservación para o futuro.

A exposición poderá visitarse a partir do luns 23 pola tarde na Casa Cultural de Mougás.

Aquí vos compartimos a programación completa da Semana Cultural, organizada pola Asociación de Veciños de Mougás.

Aproveitamos tamén para desexarvos unhas FELICES FESTAS!!!

Semana Cultural de Mougás
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s