#Oiaensepia na Semana Cultural de Mougás

Traemos novidades no Proxecto #Oiaensepia! A exposición coa selección final de fotografías do proxecto #Oiaensepia poderá visitarse durante a Semana Cultural de Mougás. A mostra reúne un conxunto de imaxes antigas de Oia, recompiladas pola rapazada participante no obradoiro, e outras fotografías actuais feitas por eles e elas mesmas. Trátase de comparar o pasado e …

Continúe lendo #Oiaensepia na Semana Cultural de Mougás

Advertisement

Día 6: Uso responsable da internet e as redes sociais

Na quinta sesión do proxecto Oia en sepia estivemos a reflexionar sobre o uso da internet que facemos desde os nosos ordenadores, teléfonos móviles e tablets. Decatámonos de que non todo é tan sinxelo como parece, e que é mellor pensar as cousas dúas veces antes de clicar a opción "enviar". Compartimos experiencias persoais co …

Continúe lendo Día 6: Uso responsable da internet e as redes sociais

Día 5: Contando historias con imaxes

Na quinta sesión do obradoiro do proxecto xuvenil Oia en sepia fixemos un exercicio práctico sobre "ensaio fotográfico": é dicir, contar unha historia a través dunha secuencia de fotografías. Dividímonos por grupos e fixemos unha breve saída ata a Capela de San Sebastián (no barrio do Arrabal). Fomos cos teléfonos móviles e as cámaras preparadas …

Continúe lendo Día 5: Contando historias con imaxes

Día 4: Comezando a revisar fotos antigas

Na cuarta sesión do proxecto Oia en sepia estivemos a mirar algunhas das fotografías antigas que levamos recompilado no que vai de obradoiro: imaxes de festas, cerimonias, celebracións familiares, tarefas do día a día, paisaxes, monumentos... Algunhas cousas teñen cambiado poucas pero outras foron algo difíciles de recoñecer! Esta primeira ollada ás fotos antigas que …

Continúe lendo Día 4: Comezando a revisar fotos antigas

Día 3: Coñecemos o traballo dunha fotoxornalista

Este luns, na terceira sesión do obradoiro xuvenil do proxecto Oia en sepia, recibimos a visita da fotoxornalista Marta G. Brea, quen compartiu con nós a súa experiencia profesional e nos deu algúns truquiños para conseguir boas fotografías. Marta G. Brea leva case 20 anos traballando como fotoxornalista e actualmente traballa no xornal Faro de …

Continúe lendo Día 3: Coñecemos o traballo dunha fotoxornalista

Día 2: As 7 Marabillas de Oia

Hoxe comezamos a segunda sesión do obradoiro #Oiaensepia falando sobre o concepto de patrimonio, o seu valor e algúns exemplos que coñecemos en Oia. E fixémolo a través dunha dinámica chamada "As 7 Marabillas de Oia". #Oiaensepia é un proxecto xuvenil arredor da fotografía antiga. Entón por que falamos hoxe sobre o patrimonio? Pois porque …

Continúe lendo Día 2: As 7 Marabillas de Oia

Día 1. Un pouco de historia da fotografía: a cámara escura

Hoxe, luns 15 de xullo, comezamos co obradoiro #OIAENSEPIA nas instalacións da biblioteca municipal de Oia. Como era o día da presentación, o primeiro que fixemos foi repasar a programación de actividades que incluirá este proxecto xuvenil: -Sesións de obradoiro creativo arredor da fotografía. -Recollida de fotografías antigas. -Excursión polo patrimonio de Oia. -Exposición das …

Continúe lendo Día 1. Un pouco de historia da fotografía: a cámara escura

Arranca #OIAENSEPIA!

O Concello de Oia organiza o proxecto xuvenil #OIAENSEPIA, unha iniciativa de verán que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo. O proxecto #OIAENSEPIA …

Continúe lendo Arranca #OIAENSEPIA!