Privacidade

A recompilación de datos persoais que se fai xunto coas imaxes dentro do proxecto Oia en sepia  faise meramente a efectos informativos, para documentar a titularidade das fotos. Quedarán custodiados polo Concello de Oia. Non se empregarán con fins comerciais nin serán cedidos a terceiras persoas.

Cando nos achegues unha imaxe para a súa dixitalización deberás asinar a pertinente autorización. Sempre terás dereito a cancelar ou rectificar calquera dato que cedas. Para iso podes poñerte en contacto co Concello de Oia no correo electrónico info@concellodeoia.es.