#Oiaensepia na Semana Cultural de Mougás

Traemos novidades no Proxecto #Oiaensepia! A exposición coa selección final de fotografías do proxecto #Oiaensepia poderá visitarse durante a Semana Cultural de Mougás. A mostra reúne un conxunto de imaxes antigas de Oia, recompiladas pola rapazada participante no obradoiro, e outras fotografías actuais feitas por eles e elas mesmas. Trátase de comparar o pasado e …

Continúe lendo #Oiaensepia na Semana Cultural de Mougás

Día 7: A excursión

Por fin chegou o día! Na sesión séptima do obradoiro xuvenil Oia en sepia fomos de excursión a lugares que aparecen nalgunhas das fotografías antigas que temos ido recompilando dentro do proxecto. O obxectivo é poder facer unha comparativa e analizar os cambios na paisaxe e o patrimonio local ao longo do tempo. Percorrimos lugares …

Continúe lendo Día 7: A excursión

Día 5: Contando historias con imaxes

Na quinta sesión do obradoiro do proxecto xuvenil Oia en sepia fixemos un exercicio práctico sobre "ensaio fotográfico": é dicir, contar unha historia a través dunha secuencia de fotografías. Dividímonos por grupos e fixemos unha breve saída ata a Capela de San Sebastián (no barrio do Arrabal). Fomos cos teléfonos móviles e as cámaras preparadas …

Continúe lendo Día 5: Contando historias con imaxes

Día 4: Comezando a revisar fotos antigas

Na cuarta sesión do proxecto Oia en sepia estivemos a mirar algunhas das fotografías antigas que levamos recompilado no que vai de obradoiro: imaxes de festas, cerimonias, celebracións familiares, tarefas do día a día, paisaxes, monumentos... Algunhas cousas teñen cambiado poucas pero outras foron algo difíciles de recoñecer! Esta primeira ollada ás fotos antigas que …

Continúe lendo Día 4: Comezando a revisar fotos antigas

Por que “Oia en sepia”?

Imos comezar polo principio, explicando o nome do proxecto. Seguramente a palabra sepia te resultará coñecida: probablemente sabes que é o nome dunha especie de cefalópodo e tamén unha cor. Pero Por que bautizar este proxecto para a creación dun arquivo fotográfico como Oia en sepia? Captura do dicionario da Real Academia Galega (https://academia.gal/dicionario). Significados …

Continúe lendo Por que “Oia en sepia”?