Arranca #OIAENSEPIA!

O Concello de Oia organiza o proxecto xuvenil #OIAENSEPIA, unha iniciativa de verán que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá
actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo.

O proxecto #OIAENSEPIA desenvolverase de xeito gratuíto e ten como
obxectivo fundamental organizar un conxunto de actividades
participativas logren captar o interese da mocidade polo seu
patrimonio natural e cultural, así como pola memoria histórica local.
Deste xeito, preténdese espertar a curiosidade sobre o pasado, promovendo unha reflexión sobre o valor do patrimonio e a necesidade de preservalo para o futuro.

Do mesmo xeito, o proxecto quere impulsar a creatividade dos participantes, orientalos no uso responsable das novas tecnoloxías e desenvolver o seu espírito crítico.

A actividade vai dirixida á mocidade de entre 14 e 20 anos aínda que,
de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas mozas doutras
idades.

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Política Social,
dentro das subvencións para a posta en marcha de iniciativas locais
dirixidas á mocidade para 2019.

Máis información e inscricións:

Concello de Oia (teléfono 986.36.21.25)

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s