Día 1. Un pouco de historia da fotografía: a cámara escura

Hoxe, luns 15 de xullo, comezamos co obradoiro #OIAENSEPIA nas instalacións da biblioteca municipal de Oia. Como era o día da presentación, o primeiro que fixemos foi repasar a programación de actividades que incluirá este proxecto xuvenil:

-Sesións de obradoiro creativo arredor da fotografía.

-Recollida de fotografías antigas.

-Excursión polo patrimonio de Oia.

Exposición das nosas fotos.

Ademais desta presentación e repaso de contidos, esta mañá tivemos ocasión de descubrir un pouco sobre a historia da fotografía: antes de que chegasen as cámaras dixitais, as cámaras fotográficas usaban carrete. Así que nós faciamos as fotos, estas quedaban rexistradas nos negativos e, a partir de aí, tiñamos que revelalas para obter a fotografía en papel. Ao principio a fotografía era en branco e negro ou en cor sepia, máis tarde chegou a cor.

Algúns e algunhas de nós xa coñeciamos os negativos que se facían con película fotográfica, pero o que nunca tiñamos visto ata hoxe eran os negativos que, antigamente, se facían de cristal. Nesta primeira sesión do obradoiro #OIAENSEPIA tivemos a oportunidade de ver algúns e poñelos contra a luz para poder distinguir mellor as imaxes.

Ao fotografar un negativo antigo de cristal conseguimos ver moito mellor a imaxe!

Tamén descubrimos que, xa no século dezanove, en Francia se desenvolveron as “Misións Heliográficas“, unha sorte de excursións onde varios fotógrafos se dedicaron a fotografar o patrimonio: monumentos, paisaxes, edificios históricos, xacementos prehistóricos… Resulta que é algo moi semellante ao que imos facer nós, dentro duns días, na nosa excursión!

A cámara escura

Neste primeiro día de #OIAENSEPIA non foi todo teoría. Tamén experimentamos cun dos principios básicos de funcionamento dunha cámara fotográfica: a cámara escura.

Para fabricar a nosa cámara escura empregamos caixas de zapatos, que pintamos de negro por dentro e por fóra… Como non nos deu tempo a rematalas hoxe (quedan pendentes para o próximo día de obradoiro), seguiremos contándovos un pouco máis sobre este traballo na próxima entrada do blog.

Polo de agora, o que si vos compartimos son algunhas das imaxes sobre o traballiño que fixemos.

Ata pronto!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s